A cidade de Lugo está situada no noroeste de España e é capital da provincia do mesmo nome con máis de 95.000 habitantes.
Lugo, que é considerada a capital máis antiga de Galicia, foi fundada en época de Augusto co fin de anexionar ao Imperio Romano o noroeste peninsular. Así, en nome do citado emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" (anos 14-13 antes de Cristo), sobre un campamento militar instalado en torno ao ano 25.
A cidade sería capital do Convento Xurídico Lucense, no que se integraba a Gallaecia norte. O topónimo Lucus, do que deriva o Lugo actual, procede do mesmo termo latino, que significa bosque sacro, aínda que tamén é posible que tivese unha raíz anterior, no nome do deus celta "Lugh", deus da luz, ao que se veneraría por estas terras en tempos prerromanos.
Ver mapa más grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario